miércoles, 17 de septiembre de 2008

E Algo Máis

As túas mans, meu amor,
Teñen o recendo das alboradas frescas
Cando bican a terra que se espreguiza,
E algo máis.

Os teus ollos, meu amor,
Son coma as risas primeiras dos nenos,
Que aledan e enfeitizan,
E algo máis.

No teu peito, meu amor,
No teu peito estro tódolos meus medos
E vólvenseme pombas de paz,
A voar polas catro beiras do meu Corpo,
E algo máis.

Os teus bicos, meu amor,
Saben ós solpores roibos e apousados
Que anuncian días fértiles e venturosos,
E algo máis.

As túas apertas, meu amor,
Fanme soñar outonos longos,
Longos espacios de ternura mol e farturenta,
E algo máis.

O teu sexo, meu amor,
Fúndese en min mainiñamente
Coma pan branco de comunión,
Coma auga en terra aberta para a crianza,
E algo máis.

E algo máis, meu amor, e algo máis,
Porque ti non me pechas en ti mesmo;
Es porta de acceso a tódolos misterios
De Deus e da xente,
Por iso te quero máis cada día.

Manuel Regal Ledo, No Nome Do Pai
(Caderno de Oración)

1 comentario:

esclera dijo...

Mmmmm, vaia meu amor... Parece que che gustou moito a poesía, ehh? :P

E algo máis, e algo máis, eu quero algo máis!! Quérote aquí, comigo, por sempre!

Ámote infinito pequeniña ;)